Trastes & escuelaContalento busca personal para un programa de conciliación que desenvolve para o Concello de Coristanco.
Buscamos unha persoa para impartir clases de cociña divertida e inglés lúdico a escolares de infantil e primaria.
Requírese algunha das seguintes titulacións: monitor/a de ocio e tempo libre; Grao de Educación Infantil; Grao de Primaria; Técnico Superior de Educación Infantil. Con coñecementos medios de inglés.
A persoa que se incorpore formará parte do equipo de traballo susceptible de incorporarse aos seguintes servizos de conciliación que se desenvolvan na localidade.